Títulos e subtítulos

Vamos a engadir estilos aos títulos e subtítulos

Para os título principais: Definición, Áreas afectadas, Teorías explicativas do trastorno, etc, empregaremos un estilo "Titulo 1", que xa o seleccionaremos directamente coa combinación de teclas Control + 1

Procedemento:

  • Seleccionamos o texto

  • Combinación de teclas Control + 1 ou, ben ir ao cadro de estilos, escoller estilo de parágrafos e doble clic en título 1

  • Repetimos o procedemento con títulos títulos principales. Como parece lóxico, é moito máis rápido facelo coa combinación de teclas.

  • Escollemos agora un subtítulo. Por exemplo na área de comunicación e de linguaxe, que está dentro do apartado Áreas afectadas.
    • Neste caso o primeiro que facemos é eliminar a numeración que lle engadiu o docente (iso farase de maneira automática, nos seguintes pasos), e tamén eliminaremos o subliñado.

  • O procedemento é o mesmo que no caso anterior, pero neste caso elixindo título 2 ou a combinación de teclas Control +2
  • No caso do apartado de Áreas Afectadas, aplicamos o estilo Título 2  aos tres subtítulos que se aprecian na imaxe

  • E cando temos un subtítulo dentro dun subtítulo, escollemos o estilo "Título 3", ben no cadro de estilos, ou coa combinación de teclas Control +3. No caso do apartado de Áreas afectadas queda deste xeito:

 

Despois de configurar os títulos e subtítulos o documento quedaría así: Asperger_titulos.odt